SAMAÍN 2025: Túnel do terror "Museo Lax(e)iro
Os alumnos de 4ºESO deseñaron un túnel do terror baseado nalgunhas das pinturas de Xosé Otero Abeledo, "Laxeiro". Para chegar ao produto final, previamente tiveron que investigar sobre a pintura de Laxeiro e escoller algunhas das súas obras co obxectivo de realizar unha visión persoal desas pinturas no seu "MUSEO LAX(E)IRO". E este foi o resultado... Os corredores do Laboratorio e do Salón de Actos convertéronse nun museo cheo de cadros vivos, personaxes misteriosos e atmosferas de medo e arte, onde cada recuncho agochaba terroríficas sorpresas. Unha proposta orixinal e creativa que combinou arte, cultura e terror, demostrando unha vez máis o talento e a imaxinación do noso alumnado